lunes, 17 de febrero de 2014

EURES RED DE LA COMISION EUROPEA EN EL SALON FRANQUIATLANTICO





EURES é unha rede creada pola Comisión Europea, con representantes en todos e cada un dos Estados membros da Unión Europea, co fin de prestar servizos de información, asesoramento e colocación destinados aos traballadores e aos empresarios, sobre o mercado de traballo no Espazo Económico Europeo.


Dentro da Rede EURES atópase o Servizo EURES Transfronteirizo para dar resposta ás necesidades de información ligadas  aos traballadores e empresarios en áreas de fronteira.

Existen vinte servizos transfronteirizos, un dos cales é o de Galicia-Norte Portugal que ten entre outros,  os seguintes obxectivos:

·        Facilitar o acceso á información sobre ofertas e demandas de emprego na área transfronteiriza Norte Portugal-Galicia.
·        Asesorar sobre a lexislación de ambos os dous países en materia laboral, fiscal, social…
·        Proporcionar elementos informativos sobre condicións de vida e traballo a ambos os dous lados da fronteira.
·        Orientar en materia de formación e prácticas profesionais na rexión transfronteiriza.

O Servizo Eures Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia está integrado polos Servizos Públicos de Emprego, Universidades, Organizacións Empresariais e Sindicais así como entidades locais de Galícia e do Norte de Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario